Un ano máis organizamos unha viaxe cultural e de ocio
dentro do programa de respiro familiar da Asociación Agora.
Este ano volvemos a quedarnos no hotel do Mosteiro de
Poio (Pontevedra) e introducimos una novidades, xa que nos organizamos en dous
grupos.
Un viaxou entre o luns 1 e o xoves 4 de xullo e o outro
grupo do luns 8 ata o xoves 11 de xullo.
Previo ó viaxe fixose una planificación común para
ambas quendas, se ven despois cada grupo fixo pequenos cambios nas actividades
e itinerarios segundo as circunstancias que foron xurdindo.
Ambos grupos visitamos:
1) A
cidade de Pontevedra, que foi do agrado de todos nos: visitamos o museo,
paseamos polas fermosas e históricas rúas, fixemos alguna compra e tomamos algo
nas súas terrazas.
2) A
cidade de Villagarcia de Arousa na que visitamos a súa zona histórica e unha
área recreativa da Praia da Concha.
3) A
vila de Cambados onde aproveitamos para visitar o mercadillo dos mercores.
4) A
vila de Sanxenxo. Alí recorremos o paseo marítimo da Praia de Silgar e vimos os
castelos de área, unas obras de arte!!!
Ademais destes sitios, cada grupo aproveitou para ver
outros lugares de interese para os participantes:
1) A
vila de Caldas de Reis, onde visitamos un parque con cousas ben curiosas coma un
mural dunha cruzada de palabras.
2) O
bosque de Secuollas, no concello de Poio, plantado no ano 1992. Ainda son
pequenos, pero prometen…
3) A
illa de Arousa na que paseamos e gozamos do seu fermoso paseo marítimo e unas
vistas impresionantes.
Aqueles participantes que quixeron, aproveitaron as boas
temperaturas para gozar da Praia e darse un baño. Comprobamos, eso sí, que a
auga está moi fría … pero bañamonos igual.
Foi una moi boa viaxe e vos recomendamos que visitedes
estes lugares. Son moi bos e fermosos.