mércores, 4 de setembro de 2019

Viaxe a Poio (Pontevedra) xullo 2019



Un ano máis organizamos unha viaxe cultural e de ocio dentro do programa de respiro familiar da Asociación Agora.

Este ano volvemos a quedarnos no hotel do Mosteiro de Poio (Pontevedra) e introducimos una novidades, xa que nos organizamos en dous grupos.
Un viaxou entre o luns 1 e o xoves 4 de xullo e o outro grupo do luns 8 ata o xoves 11 de xullo.

Previo ó viaxe fixose una planificación común para ambas quendas, se ven despois cada grupo fixo pequenos cambios nas actividades e itinerarios segundo as circunstancias que foron xurdindo.

Ambos grupos visitamos:
1)    A cidade de Pontevedra, que foi do agrado de todos nos: visitamos o museo, paseamos polas fermosas e históricas rúas, fixemos alguna compra e tomamos algo nas súas terrazas.

2)    A cidade de Villagarcia de Arousa na que visitamos a súa zona histórica e unha área recreativa da Praia da Concha.

3)    A vila de Cambados onde aproveitamos para visitar o mercadillo dos mercores.

4)    A vila de Sanxenxo. Alí recorremos o paseo marítimo da Praia de Silgar e vimos os castelos de área, unas obras de arte!!!

Ademais destes sitios, cada grupo aproveitou para ver outros lugares de interese para os participantes:

1)    A vila de Caldas de Reis, onde visitamos un parque con cousas ben curiosas coma un mural dunha cruzada de palabras.

2)    O bosque de Secuollas, no concello de Poio, plantado no ano 1992. Ainda son pequenos, pero prometen…

3)    A illa de Arousa na que paseamos e gozamos do seu fermoso paseo marítimo e unas vistas impresionantes.

Aqueles participantes que quixeron, aproveitaron as boas temperaturas para gozar da Praia e darse un baño. Comprobamos, eso sí, que a auga está moi fría … pero bañamonos igual.

Foi una moi boa viaxe e vos recomendamos que visitedes estes lugares. Son moi bos e fermosos.

Deixamosvos unas fotografías para que vexades os lugares nos que estivemos.